Subvencións proxectos dinamizadores das áreas rurais.

Agader.

Resolución do 15 de decembro pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se convocan para o 2010.
Plan 2010-2013.
Máis información en agader.xunta.es

AGADER.

Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia. Para 2010.
DOG nº 250 de 24 de decembro de 2009.

Prazo para solicitar :ata ó 22 de febreiro de 2010.
NOTA: AMPLIACIÓN DE PLAZO ATA O 24 de MARZO de 2010.

Prazo límite para a execución dos investimentos: 30 de novembro de 2010.
Proxectos finalistas, sin fases.
Subvencións incompatibles con outras.(Excepto que non pase do 50%).


Documentación:
> Documentación acreditativa da personalidade do solicitante.
> Resumo do proxecto.
> Orzamento detallado, agrupado por partidas.
> No caso de que se requira proxecto visado presentarase un anteproxecto valorado.

Hai que respetar o destino do investimento,polo menos 5 anos.


Conceptos subvencionables:
Construcción ou millora de inmobles.
Adquisición de terreos non edificados (10%) e adquisición de edificios xa construídos (25%).
Adquisición de maquinaria, equipamento e aplicacións informáticas.
Custos xerais asociados os investimentos;estudios de viabilidade,honorarios de arquitectos,enxeñeiros (20%).
Para empresas de nova creación:gastos de constitución.
Proxectos de novos servizos de carácter innovador non existentes no concello.
Adquisición e adecuación de vehículos de transporte industrial e comercial.
En proxectos non productivos subvencionaranse os medios de transporte para a prestación dos servizos.
Achegas en especie,man de obra voluntaria non remunerada, traballos realizados con maquinaria propia e materias primas para rehabilitación.


Non son subvencionables:
Os gastos de funcionamiento da actividade.
A reposición ou mera substitución de equipamento e maquinaria excepto ampliación da capacidade de producción en máis dun 25%.
As obras de mantemento das instalacións.
As taxas e licenzas.
Gastos de aluguer de equipamentos.


Normas específicas para cada medida.-
5 Medidas.


1.-Diversificación cara a actividades non agrarias.

a) Obxecto.- Diversificación das explotacións agrarias
Subvencións que fomenten o inicio ou mellora de calquera actividad productiva non agraria que supoña un complemento á renda.

b) Beneficiarios.-Membros de unha unidade familiar ligada a unha explotación agraria.

c) Actividades subvencionables:
- Transformación e comercialización de productos agrarios.
- Elaboración e venda na explotación de productos de artesanía.
- Actividades de segunda transformación de productos forestais.
- Agroturismo: acodicionamento das instalacións agrarias para aloxamento e actividades complementarias como instalacións deportivas, recreativas,percorridos turísticos,degustacións gastronómicas...
- Actividades culturais, recreativas ou deportivas: rutas de sendeirismo,bicicleta,granxa-escola,aulas da natureza...
- Subministración de productos e servizos a empresas do sector primario,á industria agroalimentaria e ao sector industrial ou servizos.
- Servizos de atención a infancia,maiores e discapacitados.
>>>A actividade levarase a cabo na propia explotación e aledaños.

d) Axudas:
- Ata o 50%.




2.Creación de microempresas.

a) Obxeto:xeración de novos empregos.

b) Beneficiarios:
- Persoas físicas ou xurídicas.

c) Actividades subvencionables:
Creación e ampliación de pequenas unidades de producción no medio rural:
- Transformación e comercialización de productos agrarios e alimentarios.
- Industrias de segunda transformación de productos forestais madereiros.
- Industrias manufactureiras.
- Hostalería e comercio polo miúdo.
- Servizos a empresas e á población.
- Artesanía.
- Actividades turísticas, deportivas ou recreativas.

d) Axudas:
- Ata ó 50%.


3.Fomento de actividades turísticas.

a) Obxeto: consolidación e mellora das ofertas turísticas e infraestructuras turísticas.

b) Beneficiarios:Asociacións de empresarios do sector turístico no rural, outras asociacións e fundacións sin ánimo de lucro,Concellos.

c) Actividades subvencionables:
Línea A:
- Creación e desenvolvemento de productos turísticos innovadores e diferenciados.
Línea B:
- Accións de promoción e comercialización de productos e servizos turísticos.
- Infraestructuras turísticas de pequena escala dirixidas á información,atención e recepción dos visitantes.
- Adecuación e acondicionamento de espazos naturais con fins recreativos ou turísticos.
- Rutas de sendeirismo.

d) Axudas:
- Entidades públicas: ata ó 100%.
- Resto: máximo ó 75%.



4.Servizos básicos para a economía e a poboación rural.

a) Obxeto:Apoiar a implantación e mellora dos servizos á poboación rural.
b) Beneficiarios:
Persoas xurídicas sin ánimo de lucro.(Líña A)
Asociacions de empresarios e entidades públicas locais.(B).
Administraciós públicas locais. Líña C.
c)Actividades subvencionables:
Liña A: proxectos sen ánimo de lucro dirixidos a implantación ou mellora de servizos e as infraestructuras asociadas a estes relacionadas con educación, servizos sociais, servizos recreativos, culturais,deportivos...
Liña B:proxectos de creación e desenvolvemento de centros de servizos, equipamentos a pequena escala que faciliten a implantación ou mellora de empresas fomentando en especial a implantación de novas tecnoloxías.
Liña C:investimentos para a creación ou mellora das infraestructuras vinculadas aos seguintes servizos básicos:
- Servizos sociais,culturais e de entretenemento.
- Servizos de transporte adaptado ás áreas con baixa densidade de poboación.
- Proxectos de uso de enerxía solar fotovoltaica ou térmica en cubertas de instalacións municipais.

d) Axudas:
- Entidades públicas: ata ó 100%.
- Outros: ata ó 75%.
A contía da axuda non superará o importe máximo de 200.000 €, agás de enerxías renovables que non superarán os 120.000 Euros.



5.Conservación e mellora do patrimonio natural.

a). Obxeto:preservar a calidade paisaxística e diversidade biolóxica e a conservación e valorización dos elementos patrimoniais.

b) Beneficiarios:asociacións sen ánimo de lucro,comunidades de montes veciñais,concellos.

c) Actividades subvencionables:
- Restauración, mellora e posta en valor do patrimonio natural.
- Restauración, mellora do patrimonio etnográfico como museos, recuperación de construccións de interese arquitectónico, etnográfico ou cultural.

d) Axudas: ata ó 100%; máximo 200.000 € por proxecto.


Oficina Agraria.

 

Copyright (c) 2009.