Axudas do Programa de Acción Comunitaria. Ampliación do prazo.
Diputación de Pontevedra.
Ampliación do prazo ata ó 9 de abril.
O BOP de 9 de febreiro publica unha serie de axudas para dous plans.
O Plan de Acción Municipal dirixido aos Concellos e o PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA dirixido a AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS VECIÑÁIS que non teñan ánimo de lucro.
Obxetivos:
>Mellora do medio rural. Construcción ou arranxo de obras para uso de todolos veciños.
> Desenvolvemento das propias agrupacións, coa adquisición de material para o seu funcionamento.
Será subvencionable:
> para obras a adquisición de materiales.
> para suministros a súa adquisición.
Para solicitar a axuda será necesario presentar a seguinte documentación:
- Memoria explicativa do investimento.
- Orzamento do investimento a realizar detallando unidades e prezos unitarios e IVE.
- Declaración do acordo aoptado polos veciños.
- Datos da directiva,declaración de axudas,estar o corrente de pago de obrigas tributarias,certificado de conta bancaria.etc.
PRAZO para solicitar a axuda: ata ó 26 de marzo. Ampliación de prazo ata ó 9 de abril.
Máis información no BOP de 9 de febreiro e tamén aquí na Oficina Agraria do Concello de Lalin.