Análisis gratuitos para os gandeiros no Laboratorio de Mouriscade.

Diputación de Pontevedra.

A Deputación axuda ós gandeiros da provincia otorgando a gratuidade das análisas de mostras da mamite e ensilados químicos no laboratorio de Mouriscade (Lalín)

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Gabinete de Comunicación
10 FEBREIRO 2010


A Deputación de Pontevedra porá á disposición dos gandeiros da provincia as instalacións de que dispón no Laboratorio de Mouriscade para que poidan realizar as analíticas de identificación de xermes causantes da mamite e análises químicas de ensilados (as máis demandadas), cunha bonificación do 100% sobre o prezo público vixente, o que supón unha axuda importante para paliar a crise da gandería da provincia.

Co obxectivo de que isto beneficie directamente ó gandeiro, e evitar que terceiros busquen o seu propio beneficio, o laboratorio efectuará un estrito control das mostras cos números CEA que posúe cada explotación, enviando a cada gandeiro uns códigos de barras que o identifiquen, que deberán pegarse ás mostras obxecto de análise, con elo evitamos que outras provincias se beneficien disto.

Os gandeiros da provincia poderán enviar as mostras ó laboratorio pola súa conta, a través das cooperativas da provincia ou de calquera outro servizo que considere, xa que así sempre o beneficio repercutirá no gandeiro, dinamizando e impulsando o sector.

O acordo _aprobado hoxe na xunta de goberno da institución provincial_ establece que foi adoptado tendo en conta as circunstancias polas que atravesa o sector con incremento constante de prezos das materias primas, baixa do prezo de produccións lácteas, cárnicas, etc.etc.

O pasado ano de 2009, o Laboratorio de Mouriscade realizou 34.200 mostras: 14.000 de análise de ensilados e o resto, de análise de piensos e materias primas. Do total das mostras realizadas, 15.780 foron para Galicia (cooperativas, fábricas de piensos, gandeiros, etc.) e o resto para comunidades autónomas ou Portugal. O Laboratorio da o resultado das mostras en 48 horas e tén un servizo para os gandeiros vía Internet.


 

Copyright (c) 2009.