Premios o cooperativismo.
Consello Galego de Cooperativas.
Bases reguladoras dos premios á cooperación para 2010.
Coa finalidade de fomentar e difundir o cooperativismo
na comunidade autónoma, así como para
recompensar publicamente o labor que as cooperativas
e outras institucións e persoas veñen realizando
neste sentido, o Consello Galego de Cooperativas considerou
axeitado instituír con periodicidade anual os
premios á cooperación.
Polo que antecede, o Pleno do Consello Galego de
Cooperativas, na súa reunión do do 15 de decembro
de 2009,
ACORDOU:
Único.-Aprobar as bases polas que se regulan os
premios á cooperación para o ano 2010, segundo o
anexo que se xunta.
ANEXO
Bases polas que se rexerá a convocatoria dos Premios á
cooperación 2010
Primeira.-Destinatarios.
Poderán optar a estes premios as cooperativas e as
persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas,
que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo
na Comunidade Autónoma galega.
Segunda.-Modalidade.
Os premios á cooperación convócanse baixo as
seguintes modalidades:
-Premio aos valores cooperativos.
-Premio ao mellor proxecto cooperativo.
-Premio á promoción do cooperativismo.
Terceira.-Premio aos valores cooperativos.
1. Outorgarase á cooperativa, entidade ou persoa
que máis teña destacado no impulso dos valores cooperativos
na Comunidade Autónoma galega.
2. O xurado valorará a traxectoria dos/as candidatos/
as, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación
práctica dos principios cooperativos establecidos
pola Alianza Cooperativa Internacional e a súa
adecuación ao marco socioeconómico galego.
3. O premio terá unha dotación económica de 6.000
euros.
Cuarta.-Premio ao mellor proxecto cooperativo.
1. Outorgarase ao proxecto empresarial cooperativo
de especial relevancia, tanto de cooperativas de
nova creación como das previamente existentes.
2. O xurado terá en conta a especial relevancia do
proxecto, que pode vir determinada tanto polo seu
carácter innovador ou de intercooperación como por
outras características singulares e pola súa repercusión
no contorno, especialmente nos eidos económico,
social e laboral.
3. O premio terá unha dotación económica de
6.000 euros.
Quinta.-Premio á promoción do cooperativismo.
1. Outorgarase á persoa ou entidade que teña destacado
especialmente no fomento do cooperativismo,
tanto pola súa traxectoria como por actuacións de
carácter puntual que resulten particularmente significativas.
O premio terá unha dotación económica de 6.000 euros.
As candidaturas poderán presentarse na Secretaría do Consello Galego de Cooperativas acompañadas da memoria explicativa e documentación xustificativa dos valores e méritos alegados.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de maio de 2010.
DOG. de 17 de febreiro de 2010.