(11.03).Plan Renove Climatización.
INEGA.
Plan Renove Climatización
Nota Informativa ADHESIÓN AO PLAN:
1. ÁBRESE DE NOVO O PRAZO PARA A ADHESIÓN DE INSTALADORES AUTORIZADOS AO PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN DENDE O DÍA 15 DE MARZO AO 31 DE MARZO AMBOS INCLUSIVE.
Nota Informativa SOLICITUDE DE AXUDA:
1.- NON SE SUBVENCIONARÁ A SUBSTITUCIÓN DE RADIADORES ELÉCTRICOS NIN DE INSTALACIÓNS EXCLUSIVAS DE AUGA QUENTE SANITARIA.
2.- AQUELAS SOLICITUDES DE AXUDA NA QUE SE SUBVENCIONE A COMPRA DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN SÓ FRÍO DEBERÁN PRESENTAR COMA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A ESTABLECIDA NO PUNTO 9.6 DAS BASES DO PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN ASÍ COMA UNHA DECLARACIÓN XURADA DO SOLICITANTE ONDE SE ESPECIFIQUE O USO DA INSTALACIÓN (SO FRÍO).SOAMENTE SE EFECTUARÁ O PAGO SE A CLASIFICACIÓN DO USO AO QUE CORRESPONDA O EQUIPO DE CLIMATIZACIÓN É DE CLASE A.
3.- AQUELAS SOLICITUDES DE AXUDA NA QUE SE SUBVENCIONE A COMPRA DE BOMBAS DE CALOR DEBERÁN PRESENTAR COMA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A ESTABLECIDA NO PUNTO 9.6 DAS BASES DO PLAN RENOVE DE CLIMATIZACIÓN ASÍ COMA UNHA DECLARACIÓN XURADA DO SOLICITANTE ONDE SE ESPECIFIQUE O USO DA INSTALACIÓN (SÓ CALOR OU REVERSIBLES).SOAMENTE SE EFECTUARÁ O PAGO SE A CLASIFICACIÓN DO USO AO QUE CORRESPONDA A BOMBA DE CALOR É DE CLASE A.
Obxectivo
O Plan Renove de Equipos de Climatización está incluído no Programa IDAE-INEGA 2009 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.
O obxectivo deste plan é reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria no sector residencial e terciario, a través da substitución de equipos convencionais (de baixa eficiencia) por equipos de alta eficiencia: caldeiras de condensación, equipos de climatización de clase A e bombas de calor de clase A.
Estas axudas xestionaranse mediante a colaboración dos instaladores que decidan adherirse ó Plan e están destinadas a persoas físicas ou xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Actuacións subvencionables
Será subvencionable a compra de equipos de potencia nominal maior ou igual que 5 kW e menor e igual a 70 kW coas seguintes características:
- Caldeiras de condensación.
(Rendemento: 4 estrelas ou equivalente)
- Equipos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga.(Rendemento: clase A)
- Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire.(Rendemento: clase A)
Inclúese a substitución de acumuladores eléctricos de calefacción por sistemas de calefacción a gas (só é elixible a caldeira) ou por bombas de calor.
Esta axuda é incompatible con calquera outra tramitada polo Inega para a mesma actuación.
O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto desde o 1 de marzo de 2010 ata o día 30 de xuño de 2010 ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade que ascende a 1.000.000 €. Eventualmente esta cantidade poderase ver incrementada coas cantidades sobrantes do Programa de Axudas Públicas ao aforro e eficiencia (E4+) reguladas pola Resolución do Instituto Enerxético de Galicia do 21 de outubro de 2009 publicado no DOG o 30 de outubro de 2009.
Para aclarar calquera tipo de dúbida o Inega habilitou os seguintes números de teléfono: 981 95 72 75 e 981 54 15 14 e a conta de correo renoveclimatizacion@inega.es.
Contía da subvención
A contía da axuda ascenderá a un máximo de 45€/kW da potencia nominal (en modo calefacción) da caldeira de condensación instalada co límite do 30% do seu custo (custo que será igual ou inferior ao de tarifa oficial incrementado cos impostos que correspondan).
No caso de equipos de equipos de aire acondicionado e bombas de calor que teñan como foco frío o aire, a contía máxima da axuda será de 150 euros/kW térmico co límite do 30% do seu custo (igual ou inferior ao de tarifa oficial incrementado cos impostos que correspondan).