Subvencións de apoio á Cultura e ao deporte.

Deputación de Pontevedra.
BOE de 1 de marzo de 2010.
Tratase de duas convocatorias de axudas:

A) BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO-2010

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia.

1.— OBXECTO
A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercizo actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial, sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno.

A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010, convocándose as subvencións que a continuación se detallan:
MATERIA CULTURA


O programa A/10 “actividades culturais xerais” diríxese ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, certames, conferencias, etc.

O programa B/10 “instrumentos ou vestiario” diríxese a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, debendo figurar na solicitude un único concepto.

O programa C/10 “infraestrutura” diríxese ó financiamento para a construción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc.

O programa D/10 “participación cidadá” diríxese a financiar congresos, feiras, etc. organizadas por entidades, fundacións ou federacións.

2.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante).
2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia.
3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

3.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

* Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade.
* Fotocopia cotexada do DNI do representante legal.
* Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento a realizar, asinada polo representante.
* Orzamento detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento a realizar, asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €, para realizar obras, ou superior a 12.000,00 € para adquirir equipamento.
* No caso de realización de obras ou investimentos, acreditación da titularidade ou, no seu caso, a cesión de uso do ben para o que se solicita a subvención.
* Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar.
* Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.
* Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.
* Declaración do número de socios da entidade.
* Certificación orixinal dos datos bancarios, ou ben copia cotexada, co nome da entidade peticionaria.

As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social.

As entidades só poderán solicitar unha única subvención por cada programa, presentando expedientes completos por cada solicitude que realicen.

4.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

O prazo de presentación de solicitudes ata o 3 de abril.
=========================================================

B) SUBVENCIÓNS DE APOIO O DEPORTE.
Subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar o deporte de competición federado para 2010

BASES

1.— FINALIDADE E OBXECTO

* 1.1.—Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación.
* 1.2.—Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación 10/340.341.489.20 do orzamento da Deputación para 2010, cunha dotación de trescentos tres mil euros (303.000,00 €).

2. BENEFICIARIOS
Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos:

* 2.1.—Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante).
* 2.2.—Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.
* 2.3.—A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra.
* 2.4.—Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte.
* 2.5.—Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

3. DOCUMENTACIÓN
Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta nos modelos normalizados, que facilitarán no rexistro xeral, na sección de Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es.

Achegarase ademais a seguinte documentación:

* 3.1.—Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF
* 3.2.—Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante
* 3.3.—Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou ben copia cotexada
* 3.4.—Orzamento asinado estimativo de gastos, referido á modalidade deportiva.
* 3.5.—Declaración orixinal do representante na que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social.
* 3.6.—Declaración responsable de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias da Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social.
* 3.7.—Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte
* 3.8.—Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega ou a que no seu caso corresponda, na que se especifique:
o 3.8.1.— Participación do equipo en competición na temporada 2009-2010
o 3.8.2. Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo
o 3.8.3.— Número de licenzas por categoría e sexo que participa en competición na temporada 2009/2010


4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.



 

Copyright (c) 2009.